Babieca orientase cara a moda alterrnativa, onde as diferentes tribus urbanas da cidade atopan a prenda ou o complemento que se desmarque totalmente do cotidian e comercial que nos invade hoxe en día, sobre todo nas grandes superficies que cada vez proliferan máis nas nosas cidades.
10 ANOS DE HISTORIA
En Xulio de 2007 cumpre 10 anos, o que convertenos nunha tenda referente en Vigo, sobre todo naquelo que teña que ver con camisetas, sudadeiras e complementos de grupos musicais, tales como parches, bandeiras, hebillas, chapas, etc. Logo presentamos un amplo repertorio en camisetas con frases galegas que lle dan unha chispa de comicidade o noso escaparate e unha grande variedade de camisetas, sudadeiras e pantalóns que van dende o surf, moda urbana, hata o hip hop
ARROPADOS NO CASCO VELLO
É así com nos sentimos neste barrio histórico de Vigo, protexidos polo seu entorno, co seu dinamísmo veraniego ou coas suas frias ruas invernais, pegados ó centro da cidade e o alcance de todos aqueles xóvenes de espíritu que prefiren saltarse as normas que tratan de impornos.